FORO LA REGIÓN

María Lameiras: "Quen di que non é nin machista nin feminista é un ignorante"

María Lameiras, no seu despacho (ÓSCAR PINAL).
photo_camera María Lameiras, no seu despacho (ÓSCAR PINAL).
María Lameiras combina a súa actividade como docente no Campus de Ourense cun labor investigador en torno a saúde sexual, cuestión da que falará no Foro La Región de este xoves, ás 20,15 horas no centro cultural Marcos Valcárcel

María Lameiras, doutora en Psicoloxía, é a primeira muller catedrática en España co perfil de  Sexualidad con Perspectiva de Género dentro da área de Personalidade, Evaluación e Tratamentos Psicolóxicos. Combina a súa actividade como docente no Campus de Ourense cun labor investigador en torno a saúde sexual, cuestión da que falará no Foro La Región de este xoves, ás 20,15 horas no centro cultural Marcos Valcárcel. Trinidad Gamarra, vocal de Atención Primaria Rural, presentará á ponente nesta conferencia organizada en colaboració co Colexio Oficial de Médicos. 

Ata o seu despacho chégase a través do “Camiño da igualdade", que impulsou na etapa de vicerreitora. Este concepto segue afastado da universidade?

A universidade representa a sociedade, que aínda é patriarcal e sexista. Os xóvenes veñen con prexuízos transmitidos. Hai dúas perspectivas: o negacionismo de que seguimos na igualdade e o negacionismo de que é necesario traballar nesa dirección. Os formulamentos de novos grupos políticos desvirtúan o traballo pola igualdade. Querer mudar o concepto de xénero a violencia familiar implica que é unha cuestión de persoas nun contexto determinado e non unha cuestión dunha estrutura social do patriarcado que permite esa violencia cara ás mulleres. E non é certo. O primeiro informe de acoso sexual na universidade da resultados claros: prodúcese, como en calquera outra institución. 

Sorpréndese coa forma de entender a sexualidade dos mozos que chegan ás súas aulas?

Veñen dunha sociedade sen educación sexual. Como máximo, poden chegar tendo asistido a algunha charla e na maioría dos casos sobre os riscos. Iso non é falar de educación sexual, é só unha parte. O máis importante é como desenvolver de forma saudable e satisfactoria a dimensión sexual. Non se fala de pracer nin de identidade sexual. Non me sorprendo do incremento da violencia a través das novas tecnoloxías, e prodúcese un incremento significativo do consumo de menores de pornografía, que cada vez é máis violenta.

A partir de que idade se debe ensinar sobre pracer e identidade?

A educación sexual empeza no momento en que nacemos. Os cativos deben estar recibindo formación, é un erro que se dea na adolescencia. A idade de inicio de actividades sexuais estase reducindo. A educación sexual non pode ser unha charla. A formación neste ámbito é irrisoria nas universidades españolas. En Ourense, os estudantes que a teñen son os de Educación Social. Os mestres de Infantil e Primaria sairán de aquí sen formación en educación sexual, porque non consideran os seus docentes que é necesaria e a universidade non fai nada para que iso mude.

Que opina do bum do Satisfyer? As mulleres falan máis abertamente da súa sexualidade?

A satisfacción sexual das mulleres ten sido un dos temas máis tabús da sexualidade. Todo o que ten que ver co pracer masculino non se cuestiona, é o falocentrismo no que o pene está hiperrerpesentado na nosa cultura. A unha muller con demasiado desexo chamaríaselle ninfómana. A un home non se lle chamaría nada, porque non hai límite. O Satisfyer pon por riba da mesa o clítoris. O placer sexual feminino está invisibilizado. O Satisfyer ten por un lado a promoción positiva do placer feminino e, por outra, reforza esa visión da muller que se sae da norma, de canto debe ser o seu desexo e convírtea en ninfómana e ridiculizada. O exemplo é o mozo que nunha biblioteca sacou a foto da rapaza cun Satisfyer. Porén, un home non sente vergoña por recoñecer que ten desexo sexual. Vivimos no dobre estándar sexual. 

“Nin machista nin feminista"...

O feminismo é a igualdade. O patriarcado é perder-perder e o feminismo é gañar-gañar. Cando me preguntan se son feminista sórprendome e digo: "ti non?" Entón es machista. É imposible non ser machista ou feminista, é coma se chove ou non chove. Un é contrario do outro. Se non es machista nin feminista es un ignorante.

Cuándo: Este jueves, 20,15 horas

Dónde: C.C. Marcos Valcárcel

Te puede interesar