FORO LA REGIÓN

Rodríguez Fer: "Valente foi pioneiro no uso do galego por parte dos mozos"

O estudoso abordou a obra poética na lingua materna do autor, recollida de xeito global por primeira vez en "Cántigas de alén"

O poeta lucense Claudio Rodríguez Fer presentou onte no Foro La Región o libro "Cántigas de alén", que recolle por primeira vez a obra poética en galego do ourensán José Angel Valente na súa totalidade. O relator é director da Cátedra Valente de poesía e estética da Universidade de Santiago.

Valente naceu en Ourense no 1928 na rúa Bedoya, nunca casa que hoxe en día xa non existe. Formouse nos seus primeros anos na cidade. "Ourense é o caldo de cultivo do poeta dalgunha forma. Non só se formou como persoa e poeta, senón mesmo como galego", apuntou Claudio Rodríguez Fer. Isto foi así porque coñeceu moi cedo algúns intelectuais galeguistas na chamada Atenas de Galicia. "Para Valente foi fundamental ter como compañeiro no instituto que hoxe se chama Ramón Otero Pedrayo a Antón Risco porque o poñerá en contacto con Vicente Risco, o seu pai", matizou. 

Os primeiros artigos e poemas publicados por José Ángel Valente están escritos en castelán. É o caso de "La piedad en el adolescente" e "A María", publicados na revista Auria, o boletín xuvenil diocesano de accion católica en Ourense

Aos seus 17 anos, escribe o poema "Finisterra" en galego. É o primeiro poema que publica un mozo en galego despois da Guerra Civil. "Valente é un pioneiro no uso do galego por parte da mocidade existente naquel momento en Galicia. Non hai outro poeta coa súa precocidade no uso do galego salvo a ourensá Pura Vázquez".

Despois do seu paso por Santiago, Madrid e Oxford, chegou a Suíza. "Contoume que el ía á estación de tren de Xenebra a recibir a eses galegos inconfudibles cargados de maletas". Así comezou o compromiso de Valente coa emigración. "Vailles dar clase de Francés e doutras disciplinas. Incluso, vai escribir panfletos reivindicativos para defender os dereitos dos seus compatriotas".

Rodríguez tamén destacou a honra que Valente fixo do seu apelido. "É o único escritor español que foi sometido a un consello de guerra por un escrito literario”. Tratouse de "El uniforme del general".

O relator terminou a súa intervencios recitando a obra de Valente"Paxaro de prata morta". 

Te puede interesar