TEMPORAL

A borrasca "Hugo" deixa más de 170 incidencias en Galicia

636574854951071310w_result
photo_camera Oleaje en el paseo marítimo de A Coruña.

O Centro de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 xestionou este número de chamadas desde as 16,00 horas do venres

O Centro de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia xestionou desde as 16,00 horas do venres un total de 174 incidencias relacionadas co paso da borrasca "Hugo" por Galicia, tal e como informou a Xunta nun comunicado.

Das 174 incidencias, a gran maioría centráronse na provincia da Coruña, con 111. A continuación, sitúase Pontevedra, con 33 incidencias; Lugo, con 20; e Ourense, con oito. A tipoloxía máis abundante foron problemas nas estradas provocadas pola caída de árbores e obxectos desprazados.

Entre os sucesos máis destacados, figuran dous tornados que provocaron danos nos municipios de Cambados e Cee. Na localidade pontevedresa, este fenómeno deixou danos materiais en tellados no lugar de Xesteira e provocou a caída de cables sobre a estrada. No caso de Cee, produciuse na zona de Brens e tamén causou danos materiais.

Así mesmo, en Poio, unha embarcación envorcou, polo que o servizo sanitario de urxencias tivo que atender a dúas persoas con síntomas leves de hipotermia. Ademais, en Miño, un raio danou o tellado e a parte dianteira da fachada dunha casa, que se derrubou sen causar feridos.

Tamén se rexistraron problemas de circulación pola neve na A-6, á altura de Pedrafita do Cebreiro.


Alertas vixentes


A Xunta lembrou que a alerta vermella continuará activa na costa da Coruña e Lugo previsiblemente até esta tarde, cando pasará a nivel laranxa. Tamén está previsto que o aviso laranxa por neve na montaña de Lugo e Ourense permaneza vixente até esta noite.

Por todo iso, a Administración autonómica lembra a necesidade de seguir as medidas de protección pertinentes ante as malas condicións meteorolóxicas e recomenda consultar a web do 112 --www.axega112.gal--

Te puede interesar