Emprego

O 54% das persoas que emprenden unha actividade económica no rural son mulleres

Así o recolle a Xunta nun comunicado da Consellería de Medio Rural, que engade ademais que o "79% dos casos estas empresarias rurais son autónomas"

A Xunta destacou que máis da metade das persoas que deciden emprender unha actividade económica no rural son mulleres, que, á súa vez, son titulares do 44 por cento das explotacións rexistradas en Galicia.

Así, segundo recolle un comunicado, a Consellería do Medio Rural contrasta este dato co que rexistra o ámbito urbano, onde o número de emprendedoras descende ao 30 por cento na comparativa entre sexos.

Así mesmo, resalta que "no 79 por cento dos casos" estas empresarias rurais "son autónomas que apostan por pór en marcha iniciativas que ofertan produtos ou servizos dos que carece o seu ámbito".

A Xunta apunta que existe un "progresivo cambio" na presenza das mulleres "en todos os niveis". Deste xeito, sinala que das máis de 140.000 explotacións agrarias rexistradas en Galicia, o 43 por cento teñen unha muller como propietaria.

En canto aos datos por provincias, A Coruña é a que presenta maior presenza feminina na titularidade das explotacións (46%), seguida por Pontevedra (45%), Lugo (43%) e Ourense (39%).

Te puede interesar