infraestruturas

Ábalos di que a revisión de prazos do AVE é para "non xerar falsas expectativas"

Garante que non "paralizará" ningún proxecto e exemplifica con que Adif acaba de aprobar investimentos de 78 millóns para a conexión a Galicia

O ministro de Fomento, José Luis Ábalos, revisará os prazos queo anterior Goberno deu para a posta en servizo de novos tramosde ferrocarril de Alta Velocidade (AVE) que actualmente estánen construción para "non xerar falsas expectativas" aos cidadáns.

"Imos ver os prazos porque, máis aló de longos ou curtos, o importante é non xerar falsas expectativas, e porque o que se esperados prazos é a posta en servizo da liña e non o final da obra", asegurou o ministro. "E, ás veces, fálase de fin de obra coma se un fose xa a subir ao tren", engadiu.

O anterior Executivo previra que este exercicioconcluirían as obras ou poríanse en servizo as conexións de AVE con Granada, Burgos e Murcia, a ligazón AVE entre as estaciónsmadrileñas de Atocha e Chamartín e o tramo do AVE galego entreZamora e Pedralba de la Pradería. En concreto, a chegada da Alta Velocidade a Ourense establecíase para finais de 2019.

No entanto, mentres na ligazón con Granada as obras están xaconcluídas e levan meses facéndose as pertinentes probas dainfraestrutura previas á súa posta en servizo, no caso daconexión con Burgos os traballos non concluíron e recentemente anunciouse que se demorarían uns meses pola necesidade de reconstruírparte dunha ponte.

Así mesmo, o anterior equipo de Fomento fixou para anos sucesivosdistintas datas de execución doutros corredores, como o galego,previsto para 2019, e o `Y` vasca, estimada para 2023, o mesmo anodado para a conclusión do tramo catalán do Corredor Mediterráneo.

No entanto, a pesar da revisión dos prazos de remate de obras e posta en servizo de liñas, o titular de Fomento rexeitou que o seu departamento, con "carácter xeral", vaia "paralizar ou demorar" investimentos nin proxecto algún.

"Teñan a confianza en que, con carácter xeral, o cambio de Gobernonon afectará aos compromisos de investimento e nin aoscontratos, non pensamos paralizar nin demorar nada", asegurou Ábalosdurante a súa intervención no pleno de control ao Goberno no Congreso.


O Goberno aproba obras este mesmo venres


Neste sentido, avanzou que o Consello de Ministros destevenres aprobará a posta en marcha de tres novos contratos de obras ferroviarias que suman un investimento de 190 millóns de euros.

Trátase de traballos no subtramo Castellbisbal-Martorell doCorredor Mediterráneo, da renovación e electrificación a vía entre Pobla Llarga e Silla, en Valencia, e da renovación da vía do tramo de liña entre Cabeza del Buey e Castuera, en Badaxoz.

Así mesmo, Ábalos indicou que Adif, empresa pública promotora exestora das infraestruturas ferroviarias, celebrou este martesconsello de administración "no que se aprobaron todos os puntos de licitacións e adxudicacións de obras que tiñan xa previstas antesdo cambio de Goberno".

Desta forma, indicou que Adif deu luz verde a xestións paraavanzar no soterramento da chegada do AVE a Murcia, estimadoen 329 millóns, e a contratacións e novos proxectos do AVE a Galiciapor 78 millóns, da conexión a Cantabria por 55 millóns ea Estremadura por outros 50 millóns máis, entre outras.

"Está a darse curso a todo o programado e así vai seguirsendo", aseverou o ministro de Fomento ante a pregunta do deputadopopular Miguel Barrachina, que lle preguntou "onde ía meter atesoira" no investimento de 4.300 millóns de euros que osOrzamentos de 2018 reservan para o ferrocarril "para pagar asocorrencias de Pedro Sánchez".

Te puede interesar