A fala dos vellos

A bolboretiña do día | Acabemos cos ratos...

descarga_resultado

E como lle chamamos a un cachiño de tempo pequeno? En castelán, “rato”, pero en galego, obviamente, non pode ser. 

Os ratos foxen dos humanos, polo que por moito que “esperemos un rato” non aparecerá ningún; andan ao seu: buscando queixo, seica. 

En castelán o rato temporal poida que veña do latín “raptus” que en galego deu “rauto”, para ocorrencia súbita, instantánea, dun momento. “Deulle un rauto e marchou co fociño revirado”. 

En fin, para o de tempo, digamos momento, momentiño, cacho, pouquiño, etc. Sobran formas. 

Os portugueses rin moito cos casteláns que din que “marcharán dentro de un rato”. E razón non lles falta. Tería que ser un rato moi grande. 

Eu non vou esperar a acabar estas liñas nin un pouquiño, marcho.

Te puede interesar