TRIBUNALES / GALICIA

O acusado de matar a coiteladas a Tatiana Vázquez di que é "completamente inocente"

io
photo_camera El senegalés acusado de matar a Tatiana Vázquez.

O detido transmitiu ao seu avogado, Cesar Lobos -segundo dixo este-, que espera que "collan o verdadeiro culpable".

A investigación polo crime de Tatiana V., que apareceu acoitelada nun coche de San Fiz en Lugo o pasado 9 de abril, continúa aberta e está á espera de que se determinen probas de AND e de sangue.

En prisión permanece un home, de orixe senegalesa, e quen tivo unha relación sentimental coa vítima. O detido transmitiu ao seu avogado, Cesar Lobos -segundo dixo este-, que espera que "collan o verdadeiro culpable".

"Está tranquilo con respecto ao que poida chegar e esperanzado de que chegue pronto e se aclare isto", trasladou o avogado, quen dixo que lle transmitiu "o de sempre": "O seu desexo de que se aclare todo e que colla o verdadeiro culpable".

"El segue mantendo que é completamente inocente, que non ten nada que ver coa morte de Tatiana", abundou o avogado, quen indicou que están á espera de que "tódolos resultados das probas que está a practicar a policía científica", entre outras de AND e mostras de sangue.

César Lamas puxo o acento en que "todo o mundo pensaba que esta semana xa se ía a telo todo", en referencia ás probas, pero indicou que ata a semana que vén non estarán as probas. "Espero que cando cheguen eses resultados, se levante o segredo de sumario e teñamos acceso aos autos", apuntou.

Continúa a investigación

Pola súa banda, en declaracións aos medios este xoves, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, recordou que seguen as investigacións en torno ao crime da moza natural de Castro de Rei.

Ademais, Villanueva apelou a que a causa aínda "se atopa baixo segredo de sumario", e polo tanto "os datos que se poden dar son moi limitados". Non obstante, asegurou que "continúan as investigacións" por parte da Policía" solicitando máis datos en función das probas recollidas e, segundo van saíndo os resultados desas investigacións, trasládanse ao xulgado (número tres)para continuar co caso".

Santiago Villanueva evidenciou que "hai unha persoa que ingresou en prisión, e iso significa que hai unha serie de probas determinantes, porque, se non, "non ingresaría en prisión". "Hai probas pendentes como o AND e outra serie de probas que están a evolucionar para darlles traslado tamén ao xulgado", apostilou.

Te puede interesar