Admitido un recurso sobre as parellas de feito

O Tribunal Constitucional (TC) admitiu a trámite as cuestións de inconstitucionalidade formuladas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre a disposición adicional 3ª da Lei de Dereito Civil de Galicia de 2006, por posible vulneración de varios artigos da Carta Magna.
O TSXG formulara senllas cuestións de constitucionalidade en xullo deste ano ante o TC para aclarar se este precepto normativo e a lei que a reforma (2007) -relativo ás parellas de feito- axustábase a criterios de 'constitucionalidade'. A decisión do tribunal galego xorde ante as dúbidas da adecuación da normativa galega á Constitución española durante a deliberación de dous recursos.

A disposición adicional terceira da lei, aos efectos de aplicación, equipáranse ao matrimonio as relacións maritais mantidas con intención ou vocación de permanencia, co que se estenden aos membros da parella os dereitos e as obrigas que a presente lei recoñece os cónxuxes.

Te puede interesar