METEOROLOXÍA

Aemet prognostica un verán "normal" en Galicia

OURENSE (PISCINAS MUNICIPAIS OIRA). 19/06/2018. OURENSE. Fotografías de calor, altas temperaturas y mucho sol en Ourense. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Así disfrutaban este martes los ourensanos de las piscinas de Oira.

En canto as choivas, espérase que haxa "poucas precipitacións" durante os próximos tres meses

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) augura un verán "normal" en Galicia, que se caracteriza por "poucas precipitacións" e períodos de moita calor e outros máis frescos, após ter a primavera con "máis días de precipitacións" dos últimos 47 anos.

En rolda de prensa, o delegado da Aemet en Galicia, Francisco Infante, presentou o balance climatolóxico da primavera, que resultou "fría e moi húmida"; e avanzou na predición estacional para o verán, sobre a que hai certa "incerteza".

Aemet augura un período estival "normal", que en Galicia se caracteriza por días asollados e secos, con períodos de tormentas e sendo tamén probable que haxa días con altas temperaturas, segundo advertiu Infante.

En canto ás choivas, non se aprecia ningunha tendencia polo que se espera que haxa "poucas precipitacións" durante os próximos tres meses.


O terceiro mes de marzo máis húmido


Respecto da primavera, esta foi "fría", sobre todo polos valores rexistrados no mes de marzo. Con todo, abril e maio foron "lixeiramente cálidos", sobre todo en abril cando se alcanzaron as temperaturas máis elevadas, ao superar os 30 graos nalgunhas localidades do sur da comunidade.

Ademais, a primavera resultou "moi húmida", ao chover "un 40% máis do normal" para esta estación. De feito, esta foi a primavera "con máis días de precipitacións desde 1971", posto que choveu "uns 57 días cando o habitual son 37", sinala Infante.

Precisamente, esta abundancia de precipitacións repercute no balance hídrico, que, a falta de catro meses para que termine, rexistra "bos datos".

En Galicia, segundo indicou o delegado da Aemet, "xa se rexistrou un 78 por cento da media anual" de precipitacións, que se sitúa en 1.403 litros por metro cadrado.

Te puede interesar