GALICIA

Un afumador apícola provocou o incendio do xoves en Santiago, polo que hai un detido

As investigacións policiais levaron a determinar que o incendio se iniciou na utilización dun afumador que empregaba o home en labores apícolas

A Policía Autonómica detivo un home como presunto autor do incendio forestal acontecido o pasado xoves na parroquia compostelana de Figueiras, que obrigou a desaloxar polo menos tres casas, aínda que non houbo que lamentar danos compareces.

As investigacións policiais levaron a determinar que o incendio se iniciou na utilización dun afumador que empregaba o home agora detido en labores apícolas nunhas colmeas da súa propiedade.

Nun descoido, o lume que manipulaba propagouse ás inmediacións do seu terreo e ao monte limítrofe, segundo explicou nun comunicado a Vicepresidencia da Xunta.

En concreto, o lume tivo lugar no lugar de Piñor, na parroquia de Figueiras, o pasado xoves 23 de xullo. As lapas afectaron a 521.000 metros cadrados de superficie arbolada e 174.300 metros cadrados de raso.

Para a investigación contouse coa colaboración da Brigada de Investigación de Incendios Forestais (B.I.I.F.) do Distrito Forestal número III-Santiago Meseta Interior, da Consellería do Medio Rural, da Xunta de Galicia.

No que vai de ano, os axentes da Policía Autonómica imputaron ou detiveron a 40 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.
 

Te puede interesar