AGE reclama unha rebaixa do 40% na peaxe da autopista AP-9

Alternativa Galega de Esquerda reclamou á Xunta que negocie coa concesionaria da AP-9, Audasa, e o Ministerio de Fomento unha rebaixa do 40 por cento nas tarifas desta autoestrada durante, polo menos, os dous próximos anos. Os deputados de AGE Antón Sánchez e Yolanda Díaz cargaron contra 'o abuso de poder' de Audasa que lle outorga 'enormes beneficios', polo que emprazaron á Xunta a que deixe de pagar os 4,5 millóns anuais que achega en compensación pola liberalización das peaxes de Rande e A Barcala (A Coruña) para que sexan gratis para os usuarios.n
Te puede interesar