GES

Reunión de AGESGA co deputado Luis Bara para tratar a situación actual dos GES Galicia

WhatsApp Image 2018-09-26 at 19.41.46_result

O deputado do BNG, Luis Bara, comprometeuse a levar aos próximos plenos os problemas e inquedanzas dos GES a nivel Galicia

A Asociación de Grupos de Emerxencias Supramunicipal de Galicia -AGESGA-, reuníuse este mércores co deputado do BNG, Luis Bara, para comunicarlle a situación actual dos GES a nivel Galicia.

Bara, pola súa parte, comprometeuse a levar todas as inquedanzas e problemas que afrontan os GES aos próximos plenos. Neste sentido, manifestou a súa intención de manterse en contacto coa ASESGA para seguir recabando información e buscar melloras para os servizos en materia de salarios, horarios, epi's ou vehículos.

Dende a AGESGA anuncian que seguirán reuníndose cos demais grupos políticos e sindicatos para consolidar un grupo adicado ás emerxencias e á procura de melloras para todos os GES de Galicia.

Te puede interesar