DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Antón Fraguas, escritor por amor a Galicia

20190515101512722_result
photo_camera De neno, coa nai e as tías (o pai estaba emigrado no Brasil).

Nos anos de estudante universitario, Antonio Fraguas entra en contacto con membros do Seminario de Estudos Galegos

Antonio Fraguas Vázquez. naceu en Loureiro de Cotobade o 28 de decembro de 1905.  O neno criouse en Loureiro igual que os demais: comendo basicamente broa e caldo, enredando nos camiños, agachándose entre o millo, pasando o tempo do mesmo xeito que conta en 1944 no artigo sobre os xogos en Loureiro de Cotobade.

A única diferenza era que de cando en vez nai e fillo ían visitar a familia de Armeses (Maside – Ourense), de onde era orixinaria a nai e onde botaban varios días, o lugar do que sempre se lembrou con saudade, falando dos avós (faleceron en 1909 e 1913). Aprende as primeiras letras na casa, logo vai á escola pública. O 14 de abril de 1919, Antonio solicita facer o ingreso no Instituto de Pontevedra.

No mesmo centro estuda todo o bacharelato, ata segundo curso por libre e en adiante como alumno oficial, que remata en 1924.

Estes anos son decisivos na súa vida: entre outros, ten como profesores a Castelao, Losada Diéguez e Sobrino Buhigas, e como amigos a Sebastián González García-Paz e a Luis Brey Bouza; funda con varios compañeiros a Sociedade da Lingua para defender o galego e ao tempo elaborar un dicionario, Deixa Pontevedra e seguindo o consello do mestre matricúlase na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade compostelá, na que sobresae como alumno brillante.

Durante este tempo empeza a relacionarse con algúns membros do Seminario de Estudos Galegos, ao que pertencían varios profesores que tivera no Instituto de Pontevedra.

O 15 de outubro de 1927 é proposto para socio e ingresa ao ano seguinte co estudo "O castro de Nos anos de estudante universitario, Antonio Fraguas entra en contacto con membros do Seminario de Estudos Galegos, no que ingresa en 1927 cun estudo sobre o castro de Soutolongo (Lalín). Nesta época participa en traballos de campo para estudar comarcas como a da Terra de Melide, onde catalogou os xacementos castrexos Soutolongo (Lalín)". Publica o primeiro artigo, en castelán, no xornal El Pueblo Gallego o 8 de outubro de 1927, "Compostela al día. Un artista olvidado", sobre o escultor Uxío Souto e a súa Druidesa; en 1929 no periódico A Nosa Terra a primeira colaboración en galego, "Unha serán na catedral", e un ano despois, con López Cuevillas e Purificación Lorenzana, en Arquivos o primeiro traballo relacionado coa arqueoloxía, "Mámoas do Sabiñao".

O 11 de novembro de 1933 deixa Compostela e incorpórase ao claustro do Instituto da Estrada, do que foi secretario. Ademais do labor docente e, como queda visto, tamén político, organiza excursións cos alumnos pola contorna, cataloga os castros e as mámoas, dirixe pequenas prospeccións arqueolóxicas e monta un museo no centro coa idea de que algún día se convertese no futuro Museo da Terra de Tabeirós, instalado na torre de Guimarei. O soño rematou en 1936, en que é humillado publicamente polos falanxistas e destruído o museo.

Anos de medo, tristura e ostracismo: o Seminario de Estudos Galegos arrasado polos franquistas e os fondos desbaratados. En Compostela imparte clases na academia Menéndez y Pelayo, da que consta como director un crego, e tamén algunhas como profesor encargado na Universidade.

A Real Academia Galega acorda nomealo membro correspondente na sesión do 13 de decembro de 1942, e de número na do 19 de abril de 1951. Co gallo de diminuír o baldeiro cultural que deixara a desaparición do Seminario de Estudos Galegos, en 1944 xorde o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, adscrito ao CSIC, no que se encarga de catalogar o que quedaba da biblioteca. En 1950 e é destinado ao Instituto de Lugo, no que toma posesión o 15 de maio.

En 1959 torna a Compostela como profesor do Instituto Rosalía de Castro, do que será xefe de estudos e vicesecretario, ao tempo que imparte algunhas clases na Facultade de Filosofía e Letras, ata que remata o seu labor docente coa xubilación, o 28 de decembro de 1975.

O 24 de xaneiro de 1976 asiste á primeira xuntanza para a creación dun museo galego de antropoloxía, que se denominará Museo do Pobo Galego. O 8 de xullo de 1983 créase o Consello da Cultura Galega, do que é nomeado membro a título individual e no que participa activamente.

Antonio Fraguas Fraguas finou o 5 de novembro de 1999 en Santiago. 

Te puede interesar