Aumentan 3,1% axudas pais que reduzan xornada laboral para coidar nenos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Secretaría Xeral da Igualdade por que se convocan axudas os traballadores que reduzan a súa xornada laboral para coidar dos seus fillos menores de tres anos.
O orzamento destas axudas ascende a 375.295 euros, unha cifra que representa 3,1% de incremento sobre a convocatoria do ano anterior, que contou con 363.747 euros, informou hoxe a Xunta nun comunicado.

A contía que poden percibir as persoas beneficiarias vai dos 1.600 euros aos 3.600 euros, en función da porcentaxe de redución da xornada e do número de menores ao seu cargo.

Ademais dos homes, as axudas tamén poden ser solicitadas por familias monoparentais, con independencia de que a persoa responsábel da unidade familiar sexa un home ou unha muller.

Estas axudas poden ser solicitadas polas persoas que estivesen en situación de redución da xornada entre 1 de maio e 31 de decembro de 2011, polo coidado de fillos biolóxicos ou adoptados ou en situación de acollemento familiar, permanente ou preadoptivo, sinala o Goberno galego na nota.

Desde o ano 2007 en que Igualdade iniciou esta liña de apoio, un total de 897 homes obtiveron axudas á redución da súa xornada laboral. Destes, 524 da provincia da Coruña, 276 de Pontevedra, 50 da provincia de Lugo e 47 de Ourense.

Nese mesmo período, obtiveron tamén estas axudas 334 mulleres, nais de familias monoparentais, das que 159 pertencían á provincia de Pontevedra, 135 á da Coruña, 23 a Lugo e 17 a Ourense.

Te puede interesar