O BNG chama a participar este venres na homenaxe a Ánxel Casal con motivo do 75 aniversario do seu asasinato

O BNG de Santiago chama á cidadanía a participar no acto que organiza este venres para homenaxear a Ánxel Casal, alcalde nacionalista da cidade compostelana en agosto de 1936 cando foi asasinado a mans do franquismo, con motivo do 17 aniversario dese acontecemento.
Deste xeito, o Bloque invita á veciñanza e aos colectivos da cidade a participar neste evento, de carácter simbólico, que se celebrará na Rúa do Vilar, xunto ao pé do inmoble onde Ánxel Casal tiña a súa imprenta, situada no soportal que actualmente acolle o café Airas Nunes.

O acto, que servirá para coñecer un pouco máis a súa faceta de compromiso político coa lingua galega, Santiago e Galicia, tamén servirá para recordar ás personalidades -públicas e anónimas- represaliados pola ditadura franquista.

Entre outras entidades, estarán presentes a Fundación Castelao, a través de Avelino Pousa Antelo; a Fundación Galiza Sempre; a A.C. O Galo; a Asociación Ánxel Casal ou a CIG. Tamén está previsto que acudan dúas sobriñas do represaliado.

Editor e político, nación en A Coruña e é fundador das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista. Foi alcalde de Santiago, vicepresidente da Deputación da Coruña, director e propietario da editorial e imprenta Nós. Foi asasinado en Cacheiras, en Teo.

Por outra parte, o BNG da Coruña quere recordar a figura deste político e editor e 'poñer en valor tantos homes e mulleres que como el morreron' por defender a legalidade, a liberdade e unha sociedade máis xusta'. Por iso, o grupo municipal coruñés solicita ao goberno local que Ánxel Casal forme parte da guía da cidade.

Te puede interesar