O BNG pide unha normativa para garantir a identificación 'inequívoca' de medicamentos equivalentes

A deputada nacionalista Ana Luísa Bouza levará á Cámara autonómica unha proposta que ten como obxectivo completar o real decreto lei sobre a xeneralización da prescrición de medicamentos pro principio activo e obrigar á similitude de aparencia entre fármacos iguais, co obxectivo de evitar o resigo de confusión entre os pacientes, en especial, os de maior idade.
Así, Bouza recorda que se trata dun 'risco' que se puxo de manifesto na implantación do catálogo galego, pero que agora 'se agrava porque o catálogo daba máis seguridade de continuidade terapéutica que o sistema que se vai implantar' co real decreto estatal, ao permitir a prescrición por principio activo pero tamén por marca comercial incluída no grupo financiado, o que -xulga- 'ten certas vantaxes para os tratamentos crónicos'.

Para a parlamentaria do Bloque, se dous produtos son equivalentes, os envases 'deben permitir con facilidade esa equivalencia', de forma que presenten unha etiqueta que permita identificalos 'doado e inequivocamente' como tal.

Con este fin, Bouza rexistrou unha proposición non de lei para que o Goberno galego inste ao Estado a 'esixir que, xunto coa xeneralización da prescrición, se desenvolve unha normativa sobre biopariencia, que garanta a identificación inequívoca de medicamentos equivalentes para total seguridade dos pacientes na aplicación do sistema'.

Ana Luisa Bouza considera que a modificación proposta polo real decreto é 'positiva' e valora que o Goberno central asuma desta forma un criterio de aforro no gasto farmacéutico.

Te puede interesar