Un bosque especies autóctonas, primeira iniciativa de Eurocidade Valença-Tui

Un centenar de niños plantaron diferentes especies arbóreas típicas de Galicia y del Norte de Portugal para crear en sendas áreas de Tui y Valença do Minho un bosque autóctono de la Eurorregión. (Foto: ef)
Máis dun centenar de escolares de Valença do Minho (Portugal) e Tui participaron hoxe na plantación dun bosque de especies autóctonas nunha superficie de case 1.500 metros cadrados a ambos os lados do río Miño.

Promovida pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, é a primeira iniciativa da Eurocidade Valença-Tui, que se constituirá formalmente nas próximas semanas.

O bosque autóctono está integrado por 250 árbores de catro especies, entre as que hai ameneiros, freixos, bidueiros e castiñeiros.

Os promotores da iniciativa escolleron este 23 de novembro para póla en marcha por ser o 'Día Internacional dos Bosques Autóctonos'.

No acto de presentación do proxecto, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, afirmou que cómpre 'promover a conservación do bosque autóctono' e incidiu na 'conservación do rico patrimonio' de ambas as zonas.

Pola súa parte, o director de Relacións Exteriores da Xunta, Jesús Gamallo, destacou que nun 'momento grave' como o actual, cunha crise 'moi profunda e todo patas arriba', é necesario 'loitar por manter a política de cohesión económica, social e territorial'.

Engadiu que a creación deste bosque autóctono representa 'un símbolo da cooperación' entre dúas cidades que deben traballar para que os seus cidadáns as conciban 'como unha soa'.

'Valença e Tui son unha única cidade dividida por un río, como outras moitas do mundo', comentou.

Referiuse, ademais, á Eurocidade como un organismo 'ao servizo dos cidadáns'.

Te puede interesar