LINGUA GALEGA

Cal é a palabra galega do ano? Sapoconcho? Afouteza?

O Portal das Palabras busca o termo máis destacado do 2017 cunha votación pública ata o próximo 25 de decembro

Sapoconcho, afouteza, teimudo, velutina, vaga de lumes, violencia de xénero, eucaliptización e independencia son os oito termos que loitan por ser a palabra do ano. A votación está aberta dende hoxe ata o próximo 25 de decembro na web do Portal das palabras. Nas tres edicións anteriores as gañadoras foron irmandade (2016), refuxiado/a (2015) e corrupción (2014).  Para esta edición presentáronse preto de 900 propostas. 

As elexidas presentan os seguintes criterios: están á cabeza das máis repetidas entre todas as que chegaron, son palabras contundentes, con forza informativa, que centraron por diversos motivos os temas de maior presenza mediática e máis impacto social do ano; e teñen, as máis delas, un valor engadido desde o punto de vista estritamente lingüístico. 

O portal dara a coñecer a mellor palabra o día 27 de decembro. 

Te puede interesar