Campaña contra a bulimia e a anorexia

O Servizo Galego de Saúde pon en marcha unha campaña divulgativo co título de ‘Con outra mirada’ para combatir a anorexia e a bulimia. O departamento está a distribuir nos centros sanitarios tanto de Atención Primaria como de Especializada da rede sanitaria pública galega, 100.000 folletos e 2.000 carteis con información sobre estas patoloxías. A campaña pretende axudar a entender este problema para previlo, para desmitificalo e para dar unha información práctica.
O Servizo Galego de Saúde lembra que estas enfermidades comezan xeralmente na adolescencia O Servizo Galego de Saúde, por medio da súa Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias, vai comezar a difundir unha campaña contra a anorexia e a bulimia que leva por título: ‘Con outra mirada’. Por medio da mesma, o departamento que preside María José Rubio Vidal está proceder a distribuír nos centros sanitarios tanto de Atención Primaria como de Especializada da rede sanitaria pública galega, 100.000 folletos e 2.000 carteis con información sobre estas patoloxías.

A anorexia e a bulimia son as expresións dun trastorno, o das condutas alimentarias, que está a causar graves problemas, principalmente na mocidade dos países adiantados. Estas enfermidades, que basicamente afectan ao sexo feminino (proporción de 10/1), acaban producindo serios trastornos no desenvolvemento da personalidade, complicacións somáticas e moito sufrimento. Esta campaña da Sanidade pública galega está ideada para axudar a entender o problema, para previlo, para desmitificalo e para dar unha información práctica.

O Servizo Galego de Saúde lembra que a anorexia comeza xeralmente na adolescencia, entre os 13 e os 19 anos. Dase en medios urbanos, principalmente, e en todas as clases sociais. A anorexia comeza case sempre cunha dieta que xa no se detén. Cómense, tan só, e, sobre todo, froitas, ensaladas, vexetais e iogures. Son síntomas da anorexia o medo ás gorduras, a diminución importante de comida inxerida, con restrición de certos alimentos, a perda importante de peso, o exercicio físico esaxerado e a amenorre. Pola súa banda, sufren bulimia as mulleres e homes que pasan, xeralmente, dos 19 anos, e para os que o peso foi materia de preocupación na infancia ou na adolescencia.

As persoas bulímicas manteñen o peso porque, a pesar dos vómitos, as enchentes son desmesuradas (varios paquetes de galletas, bombóns ou barras de pan ou pasteis). Todo moi seguido, e de súpeto síntese moita culpabilidade, de aí vén o vómito, que é provocado, e que, á súa vez, produce moito desacougo. Iníciase, así, un círculo vicioso que trastorna a propia vida.

Te puede interesar