VIRAL

Unha campaña viral: 'Bebiche? Elixe quen che vai a levar nestas festas'

rianzxoooooooooooooo
photo_camera Campaña contra o alcoholismo

Na imaxe aparece un coche fúnebre, un coche policial, unha ambulancia e un taxi. É unha campaña da Policía Local de Rianxo

A orixinal campaña da Policía Local de Rianxo é unha das imaxes máis compartidas nestes días en Facebook. A imaxe xa o di todo: 'Bebiche? Elixe quen che vai a levar nestas festas', di o titular. Na imaxe aparece un coche fúnebre, un coche policial, unha ambulancia e un taxi.

Con esa contundencia, a Policia Local de Rianxo xa recibiu numerosas felicitacións nos seus perfis en redes sociais. En Facebook, o inspector xefe da Policía Local de Rianxo, Antonio Tubío Piñeiro, explicou cómo naceu a idea. "Esta campaña propúxoa un membro da policía local ao modo Rianxeiro. Trouxo unha foto, creo que de Islandia ou algo así, e propuxo sacar unha foto con xente coñecida de Rianxo, para que lle resultase próxima e familiar aos rianxeiros e chegase a maior cantidade de veciños posible", escribe. 

Te puede interesar