GALICIA

Catro dos 19 senadores galegos declaran máis de 200.000 euros no banco

Juan Manuel Jiménez Morán, exalcalde de Verín, tamén publicou os sus benes económicos en contas financieiras por valor de 280.136,63 euros

Catro dos 19 senadores galegos --16 por circunscrición provincial e tres por designación autonómica-- declaran máis de 200.000 euros en contas correntes ou de aforro, contas financeiras e outros tipos de imposicións. De todos eles, é o popular lucense Dámaso López o que informa dun maior saldo nos seus depósitos financeiros: 480.000 euros.

Así o certifican as declaracións de bens dos representantes galegos na Cámara alta. Igualmente o exalcalde de Verín Juan Manuel Jiménez Morán, o senador por designación autonómica Fernando Carlos Rodríguez Pérez, ambos os dous do PP, fan constar 280.136,63 e 296.526,86 euros, respectivamente, en todos os seus depósitos.

Tamén o voceiro dos populares no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, declara nas súas contas 228.678,70 euros, ademais de varias propiedades.

En canto ao deputado con máis aforros, Dámaso López tamén declara varias propiedades e bens inmobles -- seis pisos en Taboada e dous en Monforte--, así como 5 terreos en Taboada e tres en O Saviñao. Todo iso, xunto con dous vehículos -- un Seat 1500 comprado en 1980 e un Mercedes 300 adquirido en 2002 -- . Non ten, ademais, ningún empréstito.

Pola súa parte, Jiménez Morán, que fose rival de Manuel Baltar no congreso da sucesión do seu pai, ten unha vivenda en Ourense, un apartamento e unha praza de garaxe en Pontevedra, unha casa en ruína en Ourense; e outra casa e un terreo adquiridas por herdanza en 2007 "ao 50 por cento" de propiedade. Así mesmo, en 2011 comprou un terreo rústico.

Fernando Carlos Rodríguez Pérez declara, á marxe dos case 300.000 euros en contas, en copropiedade ao 50 por cento unha vivenda unifamiliar en Sarria e outra en Perillo, así como un local comercial en Sarria; así como unha vivenda en Lugo.

NOVOS NA CÁMARA

Á marxe dos saldos medios entre os 30.000 e os 50.000 euros, galla de aforro na que se moven unha grande parte de senadores, con tres ou catro propiedades, ademais de vehículos e barcos, hai membros da Cámara alta que dispoñen dunhas rendas máis modestas.

É o caso da popular vilalbesa Sandra Vázquez, que declara como único ingreso o seu salario mensual bruto como concelleiro de dedicación exclusiva no Concello vilalbés, quen declara 3.800 euros de saldo en todos os seus depósitos e ningunha propiedade.

Entre os que se estrean, o senador socialista Luis Manuel García Mañá declara un saldo de todos os depósitos que supera os 105.000 euros, un piso e dúas prazas de garaxe en Ourense --en gananciais-- e dous vehículos.

En canto á senadora por Pontevedra de Podemos, María Vanessa Angustia Gómez, a quen a declaración do IRPF lle saíu a devolver por valor de 206 euros, declara un saldo de todos os depósitos de 9.532 euros e non ten propiedades.

Pola súa banda, no documento do senador coruñés de Podemos José Manuel García Butrón non figuran os seus datos de propiedades. Segundo explicou a Europa Press, débese a un problema co sistema informático que tamén afectou outros deputados e está pendente de completar esta información

Te puede interesar