música

40 anos cantando o "Pousa pousa" e "O andar miudiño"

dsds
photo_camera A Roda, facendo o que mellor saben facer, ser enxebres.

Dende "Pousa pousa", pasando por "Soños pintados de azul" e rematando co clásico "A raíz do toxo verde". A Roda leva poñendo sintonía ó costumbrismo galego durante corenta anos 

A Roda, a banda sonora de Galicia durante os últimos oito lustros. Unha pequena homenaxe a unha das agrupacións de folclore, con denominación de orixe galega, máis importante, que cumpre 40 anos. Para comezar, ¿qué tal é a situación con este clásico de calquera esmorga en condicións?

Este tema seguramente non agrade aos máis "coruñentos". Nembargantes, é imposible realizar unha playlist de A Roda sen mencionar este clásico entre os branquiazuis.

Para seguir... Un pooco de viño xoven, queixo e pan. E este temazo de fondo para amenzar a velada. Acabar con "unha borracheira de viño" non costa moito se de fondo soa esto.

Tamén hai momentos, dentro da súa discografía, nos que a reivindicación da lingua pasa a primeiro plano. Como no seu traballo "Falemos galego", onde se encontra esta peza musical tan riquiña.

Non se poden esquecer unhas cantigas tan enxebres como estas que marcan a historia dunha xeración. Xa son patrimonio cultural e da música galega, as súas letras, as súas vestimentas e os seus acordes. ¡Longa vida!

Te puede interesar