O Concello de Lorca recibe mañá os 23.400 litros de leite de Galicia

 Un camión con 23.000 litros de leche parte de la planta de Agaca, en Outeiro de Rei (Lugo), de leche para el pueblo de Lorca, enviado por la Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca). EFE
Un camión con 23.400 litros de leite, doados por 27 cooperativas agropecuarias galegas, partiu nesta mañá da fábrica de Alimentos Lácteos en Outeiro de Rei (Lugo) con dirección ao municipio murciano de Lorca, onde chegará mañá ao mediodía, como xesto solidario coa poboación desa localidade.

O leite cedido polas cooperativas galegas, que ten un valor de mercado que supera os 11.000 euros e é das marcas comerciais de Alimentos Lácteos e de Feiraco.

O camión, que transporta 33 palés de envases de leite, saíu na primeira hora da mañá da planta de Feiraco, en Negreira (A Coruña), para facer escala na de Alimentos Lácteos, en Santa Mariña (Outeiro de Rei), antes de se dirixir a Murcia.

Nunhas declaracións á EFE, o xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca), Higinio Mougán, explicou que o leite será recibido mañá ao mediodía polo propio Concello de Lorca e asociacións agropecuarias murcianas, que se ocuparán da súa distribución entre as persoas máis necesitadas do municipio.

Segundo Mougán, esta iniciativa 'xurdiu das propias cooperativas galegas, que se puxeron en contacto coas murcianas e co Concello de Lorca para ver en que podían axudar a poboación', especialmente as clases máis desfavorecidas, que quedaron sen nada como consecuencia dos terremotos que arrasaron a localidade.

O xerente da Agaca lembrou que 'o leite é un alimento básico, que achega proteínas necesarias, especialmente para a poboación xuvenil e infantil e para as persoas maiores'.

Mougán opina que 'neste tempo de crise, indignación e crispación, temos que reservar algo para a solidariedade' e lembrou que 'esa xente o continúa a pasar mal, un mes despois dos terremotos'.

Te puede interesar