Política Galicia

Continúa a tensión en En Marea, que discute a continuidade da deputada Paula Quinteiro

636574316458283194m
photo_camera A diputada no Parlamento Galego, Paula Quinteiro (2i) antes da reunión do Consello das Mareas onde analizarán a dimisión desta deputada.

A polémica continua desde o 18 de marzo, cando Quinteiro tivo un altercado coa Policía Local

O Grupo Parlamentario de En Marea discute este luns a continuidade de Paula Quinteiro, a deputada que se viu envolta nun altercado coa Policía Local na madrugada do 18 de marzo, e cuxa dimisión reclama o Consello das Mareas, órgano máximo de dirección entre plenarios do partido.

Os parlamentarios da forza rupturista -co seu portavoz, Luís Villares, á cabeza- evitaron facer declaracións aos medios á súa saída, nun receso á hora para comer, das dependencias do grupo, onde desde as 10,00 horas deste luns abordan a crise interna desatada polo caso da militante de Podemos e afín á corrente 'Anticapitalistas'.

Trátase da cuarta reunión do grupo para tratar a continuidade de Paula Quinteiro. Na última delas, celebrada o pasado venres, os parlamentarios acordaron non pedir a renuncia e optar pola apertura dun expediente interno até coñecer as resolucións policiais e xudiciais.

A proposta foi levada ao Consello das Mareas e presentada polo propio Villares, que tamén encabeza este órgano de dirección, así como a coordinadora (que equivale á executiva nun partido clásico) que, días antes, emitira un comunicado no que reclama a dimisión de Quinteiro.

Con todo, logo de que o grupo de críticos coa dirección abandonase a reunión asegurando que Quinteiro estaba a ser sometida a "un xuízo político", o Consello das Mareas acordou pedir a renuncia da deputada ao entender que a viguesa non cumpre cos requisitos "éticos e de transparencia" para exercer o labor parlamentario.

A resolución foi levada este luns ao seo de En Marea no Pazo do Hórreo, no que existen varias voces que xa expresaron publicamente o seu apoio a Quinteiro, cuxa renuncia tamén pide, ademais da dirección do partido instrumental, un dos principais referentes do espazo rupturista, o histórico político nacionalista Xosé Manuel Beiras.

Te puede interesar