Galicia

Cortada ao tráfico unha rúa de Ferrol ante risco de desprendemento do muro situado no centro de menores

Galicia

Cortada ao tráfico unha rúa de Ferrol ante risco de desprendemento do muro situado no centro de menores

Un tramo da rúa Sánchez Barcáitegui de Ferrol foi cortado ao tráfico debido ao risco de desprendemento existente no muro que rodea ao centro de menores, situado no barrio de Canido.

A Policía Local de Ferrol decidiu pechar a zona á circulación tras detectar que o muro se "empenara" e existía risco de desprendemento. A zona da rúa na que se sitúa a parede de pedra xa fora vallada había días debido ás gretas que se rexistraran.

O tráfico foi cortado entre a intersección da rúa Coruña con Doutor Fleming, preto de onde se sitúan os Xulgados de Ferrol. A medida manterase mentres que os técnicos municipais non autoricen a súa apertura, segundo informou a Policía Local de Ferrol.