Galicia

Cultura apoia con 21.000 euros as actividades da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Galicia

Cultura apoia con 21.000 euros as actividades da Asociación de Escritores en Lingua Galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia con 21.000 euros as actividades da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
 

Esta axuda concedeuse este martes tras a sinatura de dous convenios de colaboración por parte do conselleiro, Jesús Vázquez Abad, e o presidente da asociación, Cesáreo Sánchez.

Ademais desta axuda económica, a Consellería cooperará en actividades da AELG como a contribución no enriquecemento da páxina web da asociación, que conta cun centro de documentación e cunha sección de entrevistas. Este portal busca dar a coñecer a comunidade --sobre todo á educativa-- vídeos coas reflexións que os escritores fan sobre a súa propia obra.

A Xunta participará tamén na organización dos Premios AELG 2014, que premian as melloras obras editadas en galego en 2013, así como co 'Homenaxe ao escritor na súa terra', un recoñecemento á carreira dun autor galego que este ano se destina ao traballo de Xabier P. Docampo.

Así mesmo, colaborarán na organización de actividades formativas como a Escola de Escritores da AELG, o ciclo Escritores na Universidade, e o curso de formación continua As literaturas infantís e xuvenís ibéricas, así como na celebración dos encontros 'Polafía', que teñen como obxectivo a posta en valor do patrimonio oral, literario e musical galego.

Do mesmo modo, a Consellería prestaralle apoio e asesoramento lingüístico á actividade da Asociación de Escritores en Lingua Galega a través da Secretaría Xeral de Política Ligüística.