SUCESO | GALICIA

Detida en Lugo por segunda vez unha muller que asumiu o ideario yihadista

636994950498667530w
photo_camera Efectivos de la Guardia Civil durante el dispositivo operación desarrollada por agentes del Servicio de Información de la Guardia Civil bajo la dirección del Juzgado Central de Instrucción número 5 y la Fiscalía.
Á detida, unha muller de 45 anos de idade, vincúlana con delitos de terrorismo

A Garda Civil detivo en Lugo a unha muller que xa fora arrestada en 2018 por converterse ao Islam e asumir os postulados máis violentos dos grupos yihadistas.

Esta operación foi desenvolvida por axentes do Servizo de Información da Garda Civil baixo a dirección do Xulgado Central de Instrución número 5 e a Fiscalía da Audiencia Nacional. Á detida, unha muller de 45 anos de idade, cuncúlana con delitos de terrorismo.

Un comunicado do Ministerio do Interior refírese á detida como "presunta terrorista" e informa de que xa fora detida pola Garda Civil en 2018 despois de máis dun ano de investigacións.

Ademais, relata que, desde entón, consciente do carácter delituoso das súas actividades, "asumira numerosas medidas de seguridade coa intención de eludir a vixilancia dos investigadores". Estas medidas abarcan a súa actividade en Internet, en redes sociais, o uso de comunicacións telefónicas e o seu comportamento na vida real, apunta.

Ademais de consumir propaganda producida por diversos grupos terroristas, a detida celebrou publicamente accións violentas, en concreto, os ataques perpetrados en Barcelona e Cambrils en agosto de 2017. "Mesmo mostrou a súa intención de replicar en Galicia un atentado de características similares", segundo Interior.

Tras ser investigada e dada a súa reincidencia e que as forzas da orde observan un "incremento do nivel de risco", a Garda Civil procedeu novamente á súa detención "para neutralizar esta ameaza á seguridade pública e determinar se a muller puidera estar a ser instrumentalizada ou influenciada por alguén".


Dobre operación


Por outra banda, a Policía Nacional detivo tamén a tres presuntos colaboradores de DAESH en Guipúzcoa por propagar o ideario `yihadista` a través das redes sociais.

Segundo informou o Ministerio do Interior, o tres detidos en Guipúzcoa pola Brigada Provincial de Información de San Sebastián, baixo a coordinación da Comisaría Xeral de Información da Policía Nacional, son marroquís de 27 anos e procedeuse ao rexistro dos seus domicilios nas localidades guipuscoanas de Urretxu, Ibarra e Urnieta pola súa presunta participación nos delitos de adoctrinamiento e enaltecemento do terrorismo.

Te puede interesar