SUCESO

Detido un home que falaba con clientes nun bar coruñés para roubalos

O presunto delincuente, de 36 anos, mesturábase coa xente nun céntrico local para abrazalas e sustraerlles as súas posesións dos petos.

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron o pasado 31 de outubro un home por delito de furto dun teléfono móbil na Coruña, segundo informa a Xefatura Superior de Policía.

O autor mesturábase coa xente que estaba no exterior dun bar da zona centro, entaboaba conversación con distintas persoas e se abrazaba a elas, segundo o relato policial.

Neses momentos, aproveitaba para palpar disimuladamente a zona dos petos das persoas coas que falaba. Nunha desas ocasións, foi sorprendido polos axentes cando acababa de subtraer un teléfono móbil do interior do peto da chaqueta dun home.

Os feitos aconteceron o pasado día 31 de outubro, sobre as 02,30 horas, cando axentes de paisano e en vehículo camuflado que prestaban servizo nun dispositivo de prevención de furtos en zonas de ocio, observaron o sucedido.

O arrestado, de 36 anos de idade, tiña antecedentes anteriores por feitos similares. Tras a súa detención, os axentes puxérono a disposición xudicial.

Te puede interesar