VIOLENCIA DE XÉNERO

Detido un home na Coruña por un delito de violencia de xénero tras tentar irromper na vivenda da súa exparella

Un home de 30 anos foi detido na mañá do sábado por axentes da Policía Local da Coruña logo de que tentase irromper pola forza na vivenda da súa exparella

Un home de 30 anos foi detido na mañá do sábado por axentes da Policía Local da Coruña logo de que tentase irromper pola forza na vivenda da súa exparella.

Ás 11,15 do pasado sábado, a Policía Local da cidade herculina recibiu unha chamada na que informaban dunha discusión protagonizada por varias persoas nunha vivenda da Agra do Orzán.

Tras personarse no lugar, os axentes foron informados de que un individuo tentara entrar pola forza no domicilio do seu exparella e proferira ameazas de morte contra ela e tres familiares que acudiran no seu auxilio.

Estes familiares tiveron que empuxar en varias ocasións ao detido para evitar que entrase na vivenda, xa que o presunto agresor non cesaba no seu empeño.

Os axentes da Policía Local arrestaron ao home, que foi trasladado a dependencias policiais. Impútaselle un delito de violencia de xénero. A muller xa expresou a súa intención de denunciar ao que fore a súa parella.

Te puede interesar