DETENCIÓN

Detido un mozo en Vigo por agredir a súa parella

O pasado sábado, un rapaz "zarandeou, empurrou e insultou" a unha muller na vía pública cando axentes da Policía Local interviron.

A Policía Local detivo a un mozo en Vigo tras, supostamente, agredir á súa parella na vía pública durante o transcurso dunha discusión.

Segundo informaron fontes policiais, o suceso tivo lugar pasadas as 20,30 horas do sábado, cando varias testemuñas alertaron os axentes de que un home "zarandeaba, empurraba e insultaba" a unha muller na zona de Balaídos.

Ao chegar ao lugar, a Policía Local entrevistouse coa muller, quen, aínda que asegurou que si discutira co seu noivo, negou que este a agredise e non quixo presentar denuncia.

Con todo, conforme indicaron as mesmas fontes, ante o testemuño das diversas testemuñas, os axentes procederon a deter o mozo, que foi trasladado á comisaría.

BUSCAN OUTRO HOME

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén busca un home que abandonou o seu domicilio da rúa Aguia despois de, supostamente, abandonar o seu domicilio tras agredir a súa parella.

En concreto, os feitos aconteceron minutos despois das 1,09 horas deste domingo, cando os axentes acudiron ao inmoble alertados polos veciños da existencia de "fortes berros".

Unha vez alí, segundo o relato policial, a muller explicou aos axentes que a súa parella marchara tras "pegarlle unha patada no estómago". A vítima denunciou os feitos, que "non acontecían por primeira vez".

Te puede interesar