Detido un veciño de Pontevedra con antecedentes por roubar en dous vehículos tras forzar o portelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra detiveron un home natural da Coruña e veciño da cidade do Lérez de 37 anos de idade, que conta con antecedentes policiais, como presunto autor dun roubo con forza en dous vehículos.
 

Os feitos sucederon cando dous veciños de Pontevedra denunciaron o roubo no interior de dous vehículos tras forzar o portelo. En ambos os dous casos, segundo o relato policial, o autor do roubo con forza apoderouse de varios efectos e diñeiro en efectivo do interior dos vehículos.

A raíz das denuncias iniciáronse as investigacións para tratar de descubrir a identidade do presunto autor, que foi identificado polos axentes da Comisaría Provincial de Pontevedra.

O 26 de maio ás 10.00 horas axentes pertencentes á Comisaría Provincial procederon á detención do presunto autor dos roubos no interior de dous vehículos.

Unha vez en dependencias policiais, comprobaron que a este individuo lle constaba, ademais, unha orde de busca, detención e ingreso en prisión decretada polo Xulgado do Penal Número 3 de Pontevedra.

Por todo iso, unha vez detido por un delito de roubo con forza, foi trasladado a dependencias policiais. Tras ser posto a disposición da autoridade xudicial foi levado á prisión da Lama. Ao detido cónstanlle múltiples antecedentes por feitos de similares características.

Te puede interesar