Rafael Pillado, a dignidade dunha vida de loita

Morreu Rafael Pillado, referente obreiro da loita polas liberdades, polos dereitos dos asalariados, e traballador incansable en pro do socialismo democrático. Amigo e camarada de toda a vida, persoa “quimicamente pura”, como o define Pepe Liceras, tratando de unificar nunha frase a figura dun líder obreiro exemplo de honestidade, valentía, lealdade e humildade. 

Con unha sólida formación política que lle permitía intervir en debates de gran intereso para o futuro da humanidade. Pillado foi testemuña directa dos sucesos de Ferrol de 1972, o seu carón caeu morto o mártir Daniel Niebla abatido polas balas da represión do réxime franquista. Foi carné nº 2 de CC.OO , sindicato que axudou a fundar. Foi secretario xeral do PCG, substituíndo o mítico Santiago Álvarez. 

Foi torturado, perseguido e vilipendiado, estivo na cadea varios anos. 

Tiven a honra de ser seu amigo, de compartir o seu carón o camiño político; primeiro no PCG, despois acompañamos a S. Carrillo na fundación do Partido dos Traballadores, antesala do ingreso no PSdeG-PSOE, nos últimos anos decidiu militar en Podemos. ¡Cantas conversas tivemos o longo de cincuenta anos! A morte esperou a que vencera na derradeira batalla o capitalismo deshumanizado que feriu mortalmente a centos de traballadores do naval.

Dignidade na vida, dignidade na morte, na integración na enerxía cósmica difundirá as palabras afiadas a “La dura luz de la memoria”.

Te puede interesar