Dous identificados por subtraer unha consola, unha bolsa de chourizos e uns alicates nun centro comercial en Pontevedra

Axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación de dúas persoas como presuntas autoras nun centro comercial por subtraer unha consola, unha bolsa de chourizos e uns alicates.
Segundo explica a Policía Nacional, foi identificado un novo veciño de Cambados como presunto autor dun furto nun establecemento comercial de Pontevedra.

Os feitos aconteceron sobre as 16.05 horas do día 22 de xaneiro cando se recibiu unha chamada na Central da Comisaría Provincial procedente dun centro comercial na que se alertaba da presenza de dous mozos, un home e unha muller veciños de Pontevedra, ambos os dous con antecedentes policiais, aos que o vixilante de seguridade sorprendera cando pretendían saír da tenda.

Supostamente un deles portaba unha consola oculta no forro da chaqueta e a outra unha bolsa de chourizos, ademais duns alicates tamén subtraídos, cos que forzara a caixa de plástico onde se atopaba a consola.

Unha hora antes no mesmo centro comercial subtraeran outra consola das mesmas características. Ao lugar desprazouse unha dotación do Corpo Nacional de Policía, que solicitou datos dos presuntos autores, aos cales informaron da súa suposta participación nun furto en establecemento comercial.

A muller mantivo en todo momento, segundo resaltan as mesmas fontes policiais, 'unha actitude hostil' cara aos axentes, aos que faltou ao respecto, polo que foi proposta para sanción en virtude da Lei 1/92 de Seguridade Cidadá. Mentres, o subtraído foi valorado nuns 199 euros.

Os axentes, unha vez identificados, procederon a entregarlles a correspondente cédula de citación para a celebración dun xuízo rápido.

Te puede interesar