MÚSICA

Os dous novos álbums de Malandrómeda, discos do ano ex aequo para Rockdelux

Así, Marcos Gendre destaca este "díptico xenial" de Malandrómeda como "dous clásicos instantáneos" que funcionan en perfecto simbiose de contrarios"

Os dous novos álbums de Malandrómeda, `Os corenta e oito nomes do inimigo` e `Cada can que lamba ou seu carallo` (Matapadre), publicados á vez en 2016, foron elixidos discos nacionais do ano ex aequo na tradicional lista que publica Rockdelux no seu número de xaneiro.

Así, Marcos Gendre destaca este "díptico xenial" de Malandrómeda como "dous clásicos instantáneos" que funcionan en perfecto simbiose de contrarios".

"Se `Os corenta e oito nomes do inimigo` usa a retranca como verbalización do presente `no future`, `Cada can que lamba o seu carallo` é a representación máis colorista dunha Galicia global", apunta a revista Rockdelux. Malandrómeda tamén se atopa na categoría de cancións nacionais co seu tema `VHS do futuro` (quinta posición).

Nesta lista, hai máis presenza galega con Triángulo de Amor Bizarro, pois o seu `Salve discordia` ocupa o sétimo lugar entre os discos nacionais de 2016. Pola súa banda, o vigués Abraham Boba cólase no posto 14 co seu grupo León Benavente e o seu disco `2`.

Te puede interesar