Galicia

Estudantes da USC piden a "inhabilitación total" do profesor que defendeu á Manada

Galicia

Protestas

Estudantes da USC piden a "inhabilitación total" do profesor que defendeu á Manada

Decenas de estudiantes concentráronse esta mañá fronte ao Rectorado da Universidad de Santiago de Compostela para pedir a inhabilitación do profesor Luciano Méndez Naya.
photo_camera Decenas de estudiantes concentráronse esta mañá fronte ao Rectorado da Universidad de Santiago de Compostela para pedir a inhabilitación do profesor Luciano Méndez Naya.

Os alumnos de Méndez Naya senten "medo" a protestar contra a súa actitude, dado que é un profesor "que impón" e temen represalias como suspensos, que afectarían, entre outras cousas, ás bolsas

Decenas de estudantes da USC concentráronse este luns ante o reitorado da Universidade de Santiago, na Praza do Obradoiro, para reclamar a "inhabilitación total" do profesor Luciano Méndez Naya pola súa actitude "misóxina e machista" nos vídeos que colgou en redes sociais defendendo a a Manada e criticando á vítima, para a que chegou a pedir cárcere.

Tras unha pancarta na que podía lerse "A educación é a arma máis poderosa que podes utilizar para cambiar o mundo", os estudantes lembraron que "o machismo nas aulas ten moitos nomes" e que "un deles é o de Luciano Méndez Naya", polo que pediron á institución a súa "inhabilitación total".

Así, nun manifesto lido durante a concentración, lembraron que este profesor foi inhabilitado xa durante dous meses en cursos anteriores por un "ataque machista" a unha das súas alumnas e criticaron que esta sanción, "absurda e insuficiente", serviulle "máis ben de pouco", xa que "volve hoxe a facer apoloxía da violación".

"Estamos fartas do seu discurso, de atoparnos cara a cara contra o patriarcado", explicaron, ante unha situación na que o docente se "sente poderoso e cheo de razón".

"Pero non estamos fartas de loitar contra todos estes comportamentos, ata que desparezcan da nosa educación e da nosa sociedade. Luciano Méndez: querémoste fóra das nosas aulas, fóra da nosa universidade e queremos xustiza real por parte da USC", dixeron.


Educación feminista


Durante a concentración, convocada pola Asemblea de Estudantes de Educación Social e a Plataforma Feminista Libres e Combativas, os estudantes incidiron en que "persoas con estes valores non poden estar a cargo da educación e o futuro" da sociedade e reclamaron unha "educación feminista".

Tras as declaracións realizadas en varios vídeos colgados en redes sociais, os estudantes non consideran que unha inhabilitación de dous meses "sexa suficiente" nin a "solución" á actitude de Luciano Méndez, que hoxe mesmo se atopa aínda dando clase. Por iso, iniciaron unha recollida de firmas para presentar ao reitorado da institución compostelá.

Do mesmo xeito, lembraron que os alumnos de Méndez Naya senten "medo" a protestar contra a súa actitude, dado que é un profesor "que impón" e temen represalias como suspensos, que afectarían, entre outras cousas, ás bolsas.


Resposta contundente


Do mesmo xeito, a concelleira de Igualdade do Concello de Santiago, Marta Lois, reclamou á Universidade de Santiago unha "resposta contundente" a estes feitos.

En declaracións aos medios, Marta Lois tachou as declaracións do profesor Méndez Naya como de "profundamente machistas e absolutamente inadmisibles".

Por iso, durante a lectura dunha declaración institucional do Consistorio en contra da sentenza de `A Manada`, subliñou que a situación e a consecuente protesta das estudantes "esixe unha resposta contundente" da USC ante o ocorrido.