ACCIDENTE

Evacuada en helicóptero unha muller en Sober ao caer da súa bicicleta

Unha muller de 61 anos resultou ferida de gravidade este mediodía no municipio lucense de Sober ao caer da bicicleta que conducía e foi evacuada de urxencia en helicóptero ao hospital Cristal Piñor de Ourense.

Segundo fontes do servizo de emerxencias da Xunta, o accidente produciuse cara ás 12:30 horas na rúa Outeiro, en Sober.

Despois de recibir atención médica no lugar do accidente e ante a previsible gravidade, a muller identificada coas iniciais E.A.L., foi evacuada en helicóptero.

Te puede interesar