incendio forestal

Extinguido o incendio de Quiroga após calcinar 148 hectáreas

O lume iniciouse o pasado mércores

O incendio forestal que desde o pasado mércores afectaba o municipio lugués de Quiroga quedou extinguido ás 18,00 horas deste venres, 48 horas despois de iniciarse.

Diso informou a Consellería do Medio Rural, que sinala que as últimas estimacións cifran as hectáreas afectadas polas chamas en 148, das cales 64,25 son de monte arboledo e 83,8 de monte raso.

Nos labores de extinción participaron un técnico, 19 axentes, 46 brigadas, 24 motobombas, unha pa e medios aéreos.

Te puede interesar