INCENDIO FORESTAL

Extinguido o incendio de Rianxo que afectou a máis de 1.100 hectáreas

636892899356637086w
photo_camera Un vecñoo camiña pola zona afectada en Rianxo.

O vento e a pouca humidade que se rexistra en Galicia estes días pola falta de choiva dificultaron o control e extinción das chamas

O incendio forestal que o pasado luns comezou no municipio coruñés de Dodro e posteriormente se estendeu polo de Rianxo foi extinguido esta mañá tras afectar, segundo a última estimación, a unha superficie de 1.162 hectáreas, das que 1.092 son de monte arborizado e 70 de raso.

A Consellería do Medio Rural informa da situación actual deste incendio, en cuxo operativo de extinción participaron dous técnicos, 47 axentes, 46 brigadas, 31 motobombas, cinco pás, sete helicópteros, cinco avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

O vento e a pouca humidade que se rexistra en Galicia estes días pola falta de choiva dificultaron o control e extinción das chamas, que mantiveron en vilo aos veciños de Dodro e Rianxo pola proximidade do lume a algúns núcleos de poboación.

Nestes momentos non se rexistra en Galicia ningún lume superior a 20 hectáreas tras a extinción este xoves do declarado en Toques (A Coruña) e onte dos tres da provincia de Ourense, no Barco, Calvos de Randín e Chandrexa.

Te puede interesar