SUCESO

Falece ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba na Estrada

Os feitos tiveron lugar na parroquia de Oca, na leira dunha casa

Un home de avanzada idade faleceu este mediodía na Estrada, en Pontevedra, ao quedar atrapado debaixo do tractor que conducía. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o corpo do home tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de O Deza.

Os feitos tiveron lugar na parroquia de Oca, na leira dunha casa situada á altura do número 40. Un particular contactou co 112 Galicia ás 12,45 horas para dar conta do ocorrido.

Enseguida, pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de O Deza, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Estrada e á Garda Civil.

Te puede interesar