ESTADO DE LA AUTONOMÍA

Feijóo anuncia baixada do IRPF e a exención do imposto de sucesión

El presidente explicou que a rebaixa de impostos que haberá en 2016 estará en consonancia coa política fiscal que "defende" a Xunta e a que "merecen" os galegos.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou para 2016 unha rebaixa do tramo autonómico do Imposto da Renda sobre as Persoas Físicas (IRPF) e a exención nos impostos de sucesións e doazóns ata os 400.000 euros.

No debate de política xeral que acolle o Parlamento de Galicia, Feijóo destacou que a Comunidade se situará entre as autonomías con menores impostos sobre as rendas medias e baixas, sen concretar porcentaxes.

Respecto ao imposto de sucesións e doazóns, dixo que o 99% dos galegos quedarán exentos do seu pago cando herden como fillos, como pais, avós, netos ou cónxuxes, e o 1% restante, cando a cifra exceda os 400.000 euros, pagará menos.

Feijóo significou que a rebaixa de impostos que haberá en 2016 estará en consonancia coa política fiscal que "defende" a Xunta e a que "merecen" os galegos.

Te puede interesar