“Feijóo e o PP traizoaron a tradición galeguista'

Moita xente dille a Rafael Cuiña que o seu pai estaría orgulloso do que esta facendo. Non marchou do PP ata que morreu Fraga, como lle prometera e agora encabeza con ilusión a candidatura de Compromiso por Galicia en Pontevedra.
O paro, a economía o naval, as preferentes... Entendería que Feijóo reeditase o goberno?
O balance do goberno de Feijóo é claramente negativo. Os datos din que a situación de Galicia e peor que cando chegou.
Como as enquisas fallan, poñámonos en que Feijóo consegue 37 deputados e Rafa Cuiña un por Pontevedra, qué pasaría?
Coa actual configuración do PP e non me vexo pactando. Falaría con todo o mundo pero estou convencido de que as nosas liñas vermellas eles non as ían aceptar.
Non lle pode resultar estraño á xente que marchara do PP ?
Pois cada vez menos. É certo que moita xente o pregunta, pero eu non cambiei de parámetros, sigo militando no galeguismo no que sempre militei. Feijóo e o PP actual traizoou unha tradición galeguista que dou sempre as maiorías absolutas e non respecta a herdanza de moitos que estiveron nese partido e desapareceron. Ese centro galeguista que votaba o PP xa non está cómodo e estase acubillando noutro tipo de forzas como Compromiso por Galicia, que abrangue dende galeguismo histórico ata a esquerda transformadora ou moderada.

Feijóo di 'yo o el caos', e Cuiña forma parte dese caos...
Pois eu non me sinto representado por esas palabras do señor Feijóo. Apela a un discurso do medo paramobilizar a súa masa de votantes dicindo que ven o lobo e o que ven é outra concepción de políticas para este país diferentes ás que evidentemente non están funcionando.

Te puede interesar