GALICREQUES

O Festival Galicreques despídese con cinco funcións en Santiago de Compostela

Le_fumiste_result
photo_camera Escea do espectáculo "Le Fumiste" da compañía francesa Don Davel.

A compañía francesa Don Davel representará por vez primeira en España "Le fumiste" na Fundación SGAE ás 12.30 horas

O Festival Internacional Galicreques despídese mañá con cinco funcións repartidas pola Alameda, o Teatro Principal e a Fundación SGAE en Santiago de Compostela. 

O Festival, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a Axencia Galega das Industrias Culturais

(Agadic), a Deputación da Coruña, a Fundación SGAE e o INAEM, comezará  de novo na Praza do Toural ás 11.00 horas co "Taller El Trastero de Lula. Constrúe o teu propio Títere". O obradoiro, destinado aos máis pequenos, celebrarase entre ás 11.00 horas e ás 14.00 horas e, pola tarde, repetirá sesión entre ás 17.00 horas e as 20.00 horas no mesmo Toural.

Pola súa banda, a Fundación SGAE acollerá ás 12.30 horas a estrea en España de "Le fumiste", espectáculo de maxia e manipulación de obxectos destinada ao publico familiar da compañía francesa Don Davel.

O Paseo Central da Alameda acollerá tres funcións ao longo do día. Así, a compañía galega Títeres Alakrán ofrecerá dous pases ás 14.00 horas e ás 18.00 horas do seu espectáculo familiar de monicreques "Circo Galaico". Ás 17.00 horas, Micromina Teatro de Títeres volverá á carpa de Galicreques co seu espectáculo "Vacacións no mar".

O Festival Galicreques despedirase este ano no Teatro Principal ás 20.00 horas co espectáculo "Peregrinación", da compañía portuguesa Lafontana-Formas Animadas.

Te puede interesar