O fiscal denuncia a Marina Castaño por estafa, apropiación indebida e fraude

O fiscal de Santiago, Álvaro García, denunciou no xulgado de Padrón a Marina Castaño, viúva do Nobel Camilo José Cela, e o ex-xerente da fundación que leva o nome do autor, Tomás Cavanna, por posibles delitos de malversación, estafa, apropiación indebida e fraude.
A investigación iniciouse a raíz da denuncia presentada por Lola Ramos, unha veciña de Iria Flavia (A Coruña), localidade na que está situada desde o ano 1991 a institución que honra o escritor galego.

Ramos achegoulle á Fiscalía de Galicia información relativa a supostos transvasamentos de diñeiro efectuados entre esta fundación, sen ánimo de lucro, e sociedades propiedade de Cela e Castaño.

Te puede interesar