Francisco Conde: "O Goberno ten a oportunidade de rectificar e non deixar sen emprego a 500 familias en Alcoa"

SAN CIBRAO DAS VIÑAS (COASA-TECNÓPOLE). 08/03/2019. OURENSE. 
El conselleiro de industria, Francisco Conde, acompañado del alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández Moreiras y de la delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, visitan las instalaciones de Coasa en la 
Tecnópole. FOTO: ÓSCAR PINAL

FRANCISCO CONDE (CONSELLEIRO), YAGO FONTÁN GARCÍA-BOENTE (GERENTE COASA)
photo_camera FRANCISCO CONDE (CONSELLEIRO), YAGO FONTÁN GARCÍA-BOENTE (GERENTE COASA)
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria lamentóu a "inacción do Goberno de España, que ten consecuencias"

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, lamentou tras coñecer o peche de Alcoa en San Cibrao que "nestes momentos de especial dificultade para os traballadores de Alcoa non hai unha explicación posible que trasladarlles. A inacción do Goberno de España ten consecuencias e nestes momentos a decisión de Alcoa responde a falta de compromiso do Goberno para ofrecerlles un prezo eléctrico competitivo e que en españa poidamos producir aluminio primario".

Nese senso, engade que "nun contexto de dificultade económica, países europeos como Francia e Alemania están apostando pola industria e están a tomar decisións con respecto o prezo eléctrico das empresas electrointensivas e nós estamos abocando o peche de de fábricas como a de Alcoa en San Cibrao, no corazón da Mariña, con máis de 500 familias que nestes momentos dependen dunha decisión do Goberno. Se lamentablemente non chega esa rectificación podería acabar co seu posto de traballo". 

Desta forma o conselleiro incide en que "a aposta ten que ser o emprego e a industria e o goberno ten a última oportunidade de rectificar e non deixar a estas 500 familias sen traballo . A solución e dar un prezo eléctrico competitivo as electrointensivas e non hai tempo. Levamos máis de ano e medio reiterando que o Goberno de España teña en conta as alegacións da Xunta de Galicia e nós faremos un frente común cos traballadores para acadalo e defendelos".

Te puede interesar