DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Gadis repartirá máis de dous millóns de bolsas cun poema de Díaz Castro

La cadena de supermercados Gadis se suma un año más a la conmemoración de las Letras Galegas
photo_camera La cadena de supermercados Gadis se suma un año más a la conmemoración de las Letras Galegas

Regalará 25.000 exemplares dun libro recopilatorio de cancións da cultura popular galega, escrito por Manuel Rico e Antón Santamarina

A empresa Supermercados Gadis repartirá máis de dous millóns de bolsas da compra cun texto do poeta Xosé María Díaz Castro, homenaxeado no Día das Letras Galegas, como parte das súas iniciativas que impulsa cada ano con motivo da festividade da cultura do 17 de maio.

'Herba pequerrechiña que con medo sorrís ou sol que vai nacendo e morrendo sen ti, por que de ser pequena, che me avergonzas ti? ou Universo sería máis pequeno sen ti', do poema Esmeralda, será a peza elixida para facer chegar a figura e obra de Díaz Castro aos fogares galegos.

Así o explicou en rolda de prensa José Luis Fernández Astray, de Gadisa, quen sinalou que as bolsas da compra se converterán nun "soporte cultural" para mostrar un fragmento da obra do poeta ás familias de toda Galicia.

Ademais diso, a empresa editará 25.000 exemplares da obra 'Eu non canto por cantar', de Manuel Rico e Antón Santamarina, que recompila cancións da cultura popular galega nun único libro inédito ata o momento.

Segundo destacou, trátase de cancións que atopan "na memoria colectiva dos galegos" xuntas nunha obra que tamén busca "achegalas a aqueles" que lles resulten novas". "Seguro que será un éxito", sinalou, recordado que esta iniciativa se enmarca no "compromiso" da compañía con ao edición cultural en galego.

Serán 25.000 exemplares que se repartirán gratuitamente entre os clientes dos establecementos durante o día 16 de maio ata fin de existencias. Así, xa son máis de 230.000 os libros en galego editados por Gadis nos últimos 12 anos con motivo das Letras Galegas.

COMPILACIÓN "de PETO"

Antón Santamarina, un dos autores desta recompilación, explicou que o obxectivo desta obra é compilar aquelas cancións populares nun formato que se poida levar "a calquera lado no peto", tanto para o seu desfrute "lírico" como "pedagóxico". "Desexo que ao maioría de libros caian en mans de persoas que lles dean uso e proveito", destacou.

Deste modo, Santamarina explicou que se trata de pezas seleccionadas polo seu "bo galego" e compostas por persoas cun "grande sentido idiomático".

Pola súa banda, Manuel Rico trasladou o seu interese en que "este patrimonio cultural se conserve e se difunda" e celebrar o próximo 17 de maio "con esta pequena ventá da cultura tradicional".

"AXÚDANOS A CRECER EN AUTOESTIMA"

O presidente da asociación Xermolos e experto na figura do poeta homenaxeado este ano, Alfonso Blanco Torrado, agradeceu estas iniciativas en memoria de Díaz Castro e para potenciar a cultura galega.

Así, recordou ao autor como unha persoa "cordial" e "moi alegre", que dedicou tres décadas a pulir a súa obra 'Nimbos', depurando a linguaxe e estrutura de cada texto para transmitir "o que viviu" dun modo "humilde e sinxelo", cunha "emoción e aprecio pola natureza".

Finalmente, considerou que a celebración de Díaz Castro, un home aberto a outras culturas e que chegou a falar 17 idiomas, supón "unha fortuna para Galicia" nos tempos que corren. "Porque nos axuda a crecer en autoestima".

Te puede interesar