XUVENTUDE

Galardón á creatividade e o talento para a mocidade galega

Xuventude Crea
photo_camera Foto de todos os galardoados na gala celebrada na Cidade da Cultura.

53 proxectos, tanto individuais como colectivos, foron premiados na gala final celebrada na Cidade da Cultura

A Xunta de Galicia galardoou, a través dunha nova edición do Xuventude Crea, o talento de 93 mozas e mozos galegos. A Cidade da Cultura foi o escenario da gala final desta iniciativa que impulsa a creatividade da mocidade en 13 modalidades diferentes: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, poesía, relato breve, skate, teatro e videocreación.1_premio_artes_plasticas_adrian_penido_result

Máis de 350 persoas entre os 16 e os 30 anos participaron no programa que mostrou a calidade artística que alberga a xuventude da nosa comunidade. Dos 257 proxectos individuais e colectivos que se presentaron, finalmente, foron premiados 53 traballos. Neste sentido, ao gañador outorgóuselle un galardón de 3000 euros; ao segundo un de 1500 euros e o terceiro clasificado levouse 1000 euros. Ademais, outorgáronse mencións de honra que non tiñan dotación económica.

A1_premio_skate_juan_cea_resultsí mesmo, a Xunta de Galicia reafirma a súa aposta por este programa xa consolidado co incremento do investimento para a súa posta en marcha.

Desta maneira, o orzamento aumentou un 4% con respecto a pasada edición, ata superar os 117.000 euros. Tamén se sumou unha nova especialidade atendendo ás demandas e preferencias da xuventude. A modalidade de skate, recentemente declarado deporte olímpico, foi o novo apartado que se incluíu este ano e na que seis mozos e mozas demostraron as súas habilidades.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asistiu a esta gala final xunto cunha ampla representación do Goberno galego. 

Ademais de entregar os premios da modalidade de música, a conselleira felicitou a todos os participantes no programa e subliñou que os proxectos presentados demostran que “a creatividade galega ten un gran presente e un brillante futuro”.  Nesta liña, destacou o papel de Xuventude Crea como “o noso xeito de recordarlle ao mundo que Galicia ten unha canteira de artistas privilexiada” e, tamén, ratificou o compromiso da Xunta coa mocidade galega. Un feito que se plasma na posta en marcha de programas coma este, pois “apoiar a creatividade é unha das cousas máis fermosas que pode facer calquera goberno comprometido co futuro do seu país”, salientou.1_premio_videocreacion_alba_rodriguez_result

Ademaís dos premios que se resumen nesta páxina e na seguinte Brais Lamela, coa obra “A casa de Ester” (Vilalba), foi galardonado na catgoría Poesía e Hugo Lozano Hermida, coa obra “O tempo e a ventá”, na categoría de relato breve.


Deseño do cartel do programa


O programa Xuventude Crea non só impulsa o talento e a creatividade a través das especialidades que oferta, senón tamén dá a oportunidade a mozas e mozos galegos de facer do seu arte a imaxe do cartel da iniciativa. A Xunta de Galicia impulsa un concurso previo no que o gañador se levou 500 euros e a oportunidade de converter o seu traballo na imaxe principal da edición. Outra maneira máis de apoiar e impulsar os proxectos artísticos da xente nova de Galicia.

Te puede interesar