A Xunta inicia o seu traspaso ordenado para aglutinar todos os centros en Educación, que fixará os ‘criterios pedagóxicos’

As 'galescolas' recuperarán dende o próximo curso o ‘nome tradicional’ de escolas infantís

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou o xoves a creación dunha comisión que iniciará de inmediato o ‘traspaso ordenado’ de 477 escolas infantís da comunidade, que pasarán da Consellería de Traballo e Benestar a Educación e recuperarán dende o próximo curso o seu ‘nome tradicional’ en vez do termo 'galescola' acuñado polo anterior Goberno bipartito.
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo explicou que esta comisión se encargará de traspasar todos os centros de 0 a 3 anos a Educación, que fixará os seus ‘criterios pedagóxicos’ á partir do ano académico 2009-2010, co obxectivo de ‘unificar’ un sistema baseado ‘na aprendizaxe e no coñecemento’.

Segundo explicou o presidente, as 477 escolas infantís da comunidade albergan un total de 23.544 prazas, das que 212 son públicas, 60 privadas en mans de entidades de iniciativa social e financiadas pola Xunta e outras 205, de titularidad privada.

A comisión estará constituída por un total de 11 membros. Así, formarán parte do relatorio o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez; o secretario xeral do departamento educativo, José Luis Vázquez; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, José Luis Mira; e o subdirector xeral de Persoal, José Luis Cana.

Por parte da Consellería de Traballo e Benestar estarán a titular do ramo, Beatriz Mato; a secretaria xeral do departamento, Cristina Ortiz; a secretaria de Familia e Benestar, Susana López Abella; e o subdirector xeral de Familia, Manuel Vila. Así mesmo, haberá un representante da Consellería de Facenda, e outros dous voceiros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

DECRETO DE EDUCACION INFANTIL

Núñez Feijóo anunciou a creación desta comisión despois de que o Goberno galego aprobase a pasada semana un novo decreto que regula o currículo para a etapa de Educación Infantil, dividida nun primeiro ciclo --de 0 a 3 anos-e un segundo ciclo de 3 a 6 anos.

A Xunta confirmou que este decreto inclúe o ensino de Relixión dentro do segundo ciclo de Educación Infantil, aínda que ao inicio de cada curso, serán os pais ou titores dos alumnos os que decidirán se os seus fillos reciben ou non este ensino.

O obxectivo do Goberno galego é ‘respectar’ os dereitos ‘de todo o alumnado’ e das súas familias para que o ensino de Relixión ‘non supoña ningunha discriminación’. ‘Pechamos un baleiro de dous anos e medio’, sentenciou Núñez Feijóo tras a aprobación deste documento e manifestou a súa ‘satisfacción’ por asentalo nos piares ‘da ‘flexibilidade e a corresponsabilidade dos pais’.

CONSULTA GALEGO

Por outra banda, Núñez Feijóo asumiu hoxe as críticas verquidas polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia sobre a consulta sobre o galego no ensino. ‘A súa opinión é respectable’, dixo, se ben matizou que ‘os pais tamén teñen dereito a opinar’.

‘Se todo o mundo ten algo que dicir, ¿como non o van facer os pais con nenos en idade escolar?’, indicou e reiterou que esta consulta será un paso previo á elaboración dun novo decreto no ensino en substitución do aprobado polo bipartito. A intención do mandatario galego é que a implantación do novo documento se prolongue ‘durante moito tempo’.

‘Hai políticos que só pensan nas próximas eleccións e outros nas futuras xeracións’, reflexionou o dirixente galego e instou a oposición a cambiar de postura acerca do modelo lingüístico no ensino e pensar ‘nas futuras xeracións’.

Te puede interesar