POLíTICA

O Grupo Mixto ve escasos os 7.500 euros para gastos varios

A deputada Consuelo Martínez non desbota levar ó Tribunal Constitucional as súas pretensións

A deputada Consuelo Martínez mostrou onte a súa desconformidade coa proposta elaborada pola Mesa para a reasignación económica e de iniciativas, tras o seu ingreso no Grupo Mixto, despois de que deixara AGE por diverxencias no seo de Anova da súa formación política, Cerna. Martínez dixo que consultará as posibilidades legais de reclamar contra a proposta da Mesa e incluso de acudir ao Tribunal Constitucional.

Tras a reunión da Xunta de Portavoces, a deputada dixo que as "discrepancias" entre a proposta feita polo Grupo Mixto e a da Mesa están nas preguntas ao presidente da Xunta e no aumento da asignación. A proposta da Mesa é que o grupo, formado por dúas deputadas, poida seguir facendo unha pregunta ao presidente por período de sesións e que o aumento da asignación ao grupo pase duns 5.000 euros a uns 7.500 euros.

Martínez considerou "grave" que só se permita unha pregunta ao presidente e na parte económica dixo que "o incremento de asignación ao grupo é duns 3.000 euros" pero lamentou que a asignación para pagar persoal do grupo "é moito menor" a outros grupos da Cámara e debería ser igual. Dixo que esta partida se financia cunha subvención finalista por que os outros grupos reciben 5.896 euros para contratar dúas persoas e que o grupo mixto recibía menos de 1.200 euros, polo que reclama nesta partida "un incremento de 4.700 euros para o salario" deses dous traballadores.

Segundo Martínez non pode saber por qué a ourensana Carmen Iglesias -de Esquerda Unida, que tamén abandonou o grupo de AGE para pasar ó Mixto tras rechazar deixar ó seu escano a Anova- non solicitou no seu momento un aumento nesta partida pero para ela é algo "elemental" dada a súa procedencia do mundo sindical e é que "a igual traballo igual salario". "É coma se che negan o tóner da impresora, son cousas básicas para traballar", indicou a deputada que dixo que a maioría dos voceiros dos outros grupos quixéronlle pór unha "mordaza".



Outras ópticas

O voceiro do PP no Parlamento, Pedro Puy, dixo que se debateu unha proposta da Mesa que ao seu xuízo é "razoable e proporcionada" mentres que o seu homólogo no PSdeG, José Luis Méndez Romeu, falou dun "debate penoso centrado en reclamacións de tipo económico" e cualificou a proposta da Mesa de "xenerosa e viable".

Xosé Manuel Beiras, voceiro de AGE, asegurou que o seu grupo está "a favor do que xuridicamente son dereitos das deputadas que pasaron ao Grupo Mixto". Ademáis, o dirixente nacionalista lembrou que as asignacións aos grupos fanse ao inicio da lexislatura e criticou estar permanentemente a este asunto sobre as retribucións dos grupos "cando neste país hai a pobreza que hai".

Francisco Jorquera (BNG) lembrou que cando houbo a primeira baixa en AGE chegouse a un acordo e que se agora houbo outra e xa son dúas deputadas no grupo mixto e esa realidade "tense que visibilizar".

Te puede interesar