Intervidas outras dúas plantacións de marihuana en Vilanova de Arousa e Poio (Pontevedra)

A Garda Civil, no marco das investigacións que realiza para a erradicación da venda e cultivo de plantas estupefacientes na provincia de Pontevedra, incautouse o martes e mércores de dúas plantacións de marihuana, unha en Vilanova de Arousa e outra en Poio.
A primeira delas, composta por 18 plantas cun peso de máis de 27 quilogramos, foi localizada polo Equipo de Investigación do Posto Principal de Cambados nunha leira propiedade de J.A.L.R., de 40 anos de idade e veciño de Vilanova de Arousa, procedéndose á súa detención como presunto autor dun delito contra a saúde pública ao ser propietario e coidador da devandita plantación.

A outra plantación, que contaba con 16 plantas dunha altura media de dous metros e que arroxaron un peso de máis de 24 quilogramos, foi intervida por unha patrulla da Garda Civil do Posto de Pontevedra nunha leira anexa a unha vivenda, na parroquia de Samieira, cuxo morador F.B.B., de 44 anos de idade e veciño de Poio, foi detido tamén por un suposto delito contra saúdaa pública por cultivo de plantas estupefacientes.

Os detidos foron postos a disposición xudicial nos xulgados de garda de Vilagarcía de Arousa e Pontevedra, respectivamente, tras o que quedaron en liberdade con cargos.

Te puede interesar