MÚSICA

Jello Biafra, Powerflo, Frank Carter, Tremonti e Angelus Apatrida completan o Resurrection 2018

1513334290_935726_1513336645_noticia_normal
photo_camera Cartel del Resurrection Fest 2018.

O cartel do festival galego está encabezado este ano por Kiss, Scorpions, Prophets of Rage, Ghost, Megadeth e outros moitos máis

O Resurrection Fest Estrella Galicia 2018, que terá lugar en Viveiro (Lugo) do 11 ao 14 de xullo, completa o seu cartel con vinte novas incorporacións, á vez que anuncia a distribución definitiva por días.

Nesta última quenda súmanse Jello Biafra con The Guantanamo School of Medicine, así como o novo supergrupo Powerflo, que conta con Sen Dog de Cypress Hill, Billy Graziadei de Biohazard, Roy Lozano de Downset, Christian Olde Wolbers, ex de Fear Factory, e Fernando Schaefer de Worst.

Tamén se apuntan Frank Carter & The Rattlesnakes, Tremonti, Crowbar, Angelus Apatrida, The Bronx (en lugar de Voodoo Glow Skulls, que caen do cartel), Basement, The Baboon Show, Oceans Ate Alaska, The Contortionist, Adrenalized, Virgen, Hongo, Now I Am, Kathaarsys, Purpura e tres bandas tributo: Abaixo Cu Sistema (System of a Down), Seek `em All (Metallica) e Hybrid Park (Linkin Park).

O próximo 1 de marzo ás 23,59 o prezo do abono de 3 días subirá ao seu prezo final, e pasará a valer 139 euros + gastos. As entradas soltas para a festa de presentación, as acampadas de pago e moito máis anunciaranse en breve tamén. Toda a información está en www.resurrectionfest.es.

O cartel do festival galego está encabezado este ano por Kiss, Scorpions, Prophets of Rage, Ghost, Megadeth, Stone Sour, Ministry, At The Gates, Anti-Flag, Paradise Lost, Overkill, Alestorm, Sick of It All, Exodus, Wolves In The Throne Room, Zebrahead, Riot Propaganda e God is an Astronaut, entre outros moitos.

Te puede interesar